A LAGOA DE TARDE EN TARDE


O avó non só  traía o xornal

Á casa coas suas notas,

Tamén escribía

Dalgún que outro río,

Poucos poemas

Se conservaron

Escritos a man,

Tecleados na máquina de escribir,

Cánto me gustaría

Parolar con él.

¿Qué pensaría despóis o seu fillo

Cando un dos netos

Non só escribía notas,

Senon tamén auga fluvial,

Coma seu pai?

Véxoos ós dous xa sen edade falando a través

Das eiras e as mareas sobre da edade

Da escritura, como noutrora se escribía

Sobre follas de palmeira ou polo século XII

En dentes de elefante e ademáis

Sobre a casca do abedul,

Tela,

Madeira,

Pedra,

Sobre papiros.

De día e pola noite caen as árbores

Sempre unha vez, ainda nós ás veces,

Tan só unha, aquí  de novo: pacencia,

Escribe a lua en secreto, trae rosas,

Coas suas mans valeiras, a  lagoa.

 

Galego: Luisa Castro